Desde o ano 2016 o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Geaat) da Universidade de Vigo desenvolve o Proxecto Sancti Salvatoris co obxectivo de estudar e valorizar o xacemento altomedieval de San Salvador dos Penedos, no concello ourensán de Allariz. Coñecido nos mapas como Castelo de Mouresiños e polos veciños e veciñas como Castelo do Malpaso, os últimos traballos realizados permitiron ás e aos investigadores localizar o nome orixinal e histórico da construción e as primeiras referencias históricas a el, que datan de 1433, e bocexar a súa estrutura e características.
12/02/2019