Con petardos e cheiro a pólvora, como non podía ser doutro xeito, deuse o pistoletazo de saída ao grito de 'Minas Manda!', á celebración de Santa Bárbara, patroa da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas. A mañá comezou correndo no que se está a consolidar como unha tradición por estas datas, a Carreira Popular Santa Bárbara. Unha vez rematada a proba física chegou a hora de repoñer forzas na carpa habilitada no aparcadoiro do Edificio Fundición cun menú especial formado por polbo, pan e bebida cun prezo tamén popular, 4 euros. Paralelamente entregáronse os premios do Certame de Fotografía Mundo Minero, organizado pola asocación sen ánimo de lucro do mesmo nome.
12/12/2011