A arqueoloxía, a flora e a vexetación do Bierzo, os recursos xeolóxicos, o souto e os casos recollidos na comarca de especies exóticas invasoras son algún dos temas nos que afondarán esta fin de semana os arredor de medio cento de participantes do curso Patrimonio natural del Bierzo: conservar el pasado para construír el futuro, unha iniciativa impulsada polas universidades de Vigo e León e que inauguraron este mediodía os reitores de ambas institucións, Salustiano Mato e José Ángel Hermida, xunto á alcaldesa, Concepción López.
Esta iniciativa xurde co obxectivo de consolidar a recuperación do Museo de Ciencias Naturales y Etnográfico de los Padres Paúles de Villafranca del Bierzo, cuxa apertura ao público foi posible grazas a un convenio asinado o pasado mes de novembro entre a Universidade de Vigo, encargada do asesoramento científico e técnico para o desenvolvemento, posta en valor e xestión do museo; a Asociación Cultural BurVal, o concello de Villafranca del Bierzo e os Padres Paúles.
01/07/2011