A aplicación das novas tecnoloxías á docencia é unha camiño no que aínda queda moito por avanzar e que pode transformar completamente o concepción da docencia. Plataformas virtuais, clases on-line, intercambios de apuntamentos dixitais..., o ordenador semella ser o eixo de todo este cambio. Neste sentido, a Universidade de Vigo é pioneira coa posta en marcha de UvigoTv, unha plataforma que facilita o acceso da comunidade universitaria e da sociedade en xeral a clases, conferencias e relatorios en formato dixital, creando unha videoteca de obrigada consulta. Este temperán achegamento da institución aos contidos multimedia sitúana agora nunha encrucillada na que se atopa da man das mellores e máis prestixiosas universidades do mundo como Cambridge, Berkeley, Standford, Oxford, o Georgia Tech ou o ETH de Zurich.
27/10/2008