Nacida no ano 2000 co obxectivo de aglutinar ás empresas e profesionais galegos do sector de internet e as novas tecnoloxías, EGANET (Empresas galegas adicadas a internet e ás novas tecnoloxías) ten entre os seus obxectivos o desenvolvemento de proxectos, así como acadar a adaptación da cidadanía ao uso das novas tecnoloxías, como ferramenta de mellora ante a competitividade. A presidenta de EGANET, Beatriz Legerén, analiza neste artigo de opinión o momento do sector TIC en Galicia “moi cualificado e cunha alta capacidade de iniciativa e creatividade”, asegura, ao tempo que afonda na chamada “fenda dixital” que afecta, segundo Legerén, de xeito especial ás mulleres.
01/03/2010