O lean thinking nace na década dos 50 da man de Taichi Ohno e Shigeo Shingo que deseñaron un novo modelo produtivo para Toyota que xira arredor do Just in Time e pivota sobre o que podemos definir como sentido común e eficiencia. PSA Peugeot Citroën adoptou esta filosofía nas súas plantas, o que lle permitiu reducir tempos, gastos, reclamacións e accidentes baseándose nunha idea clave: un lugar para cada cousa e cada cousa no seu lugar. Agora, esta filosofía de xestión e produción calla con forza en sectores moi diversos do tecido empresarial máis aló da automoción. Para coñecela, entendela e poder aplicada, o Club Financiero de Vigo organiza este mércores ao abeiro do Foro de Innovación unha xornada sobre o Lean Thinking, sobre as súas fortalezas, os seus beneficios e o seu futuro conxugado con outros modelos.
08/06/2011