A presión psicolóxica pode interferir no rendemento deportivo dos xogadores de fútbol. Avaliar o perfil dos futbolistas neste senso, en función das características deportivas, individuais e socioculturais, foi o obxectivo da tese Henrique Martins: Necesidades psicolóxicas dos xogadores de fútbol . Para iso elaborou un cuestionario específico en torno a cinco factores –a cohesión do grupo, a motivación, a ansiedade, a autoconfianza e a atención/concentración– e aplicou esta ferramenta a unha mostra 683 xogadores de 37 equipos portugueses de fútbol profesional e afeccionado de todos os niveis de competición. Unha das súas principais conclusións é que “a ansiedade está condicionada pola procedencia dos xogadores, dado que os estranxeiros a controlan mellor”, resultado que atribúe a que os futbolistas de fóra están máis habituados a lidar co estrés polo feito de xogar en varios clubs.
26/05/2010