Co lema “menos recortes, máis educación”, alumnado do campus de Pontevedra manifestouse este mércores en contra das reformas educativas do goberno central cunha sentada pacífica promovida por IESGA, Iniciativa Estudantil Galega, nas tres universidades galegas. Esta mobilización, que se suma ás convocadas a nivel nacional por outras organizacións estudantís, amosa a preocupación da mocidade polas subidas das taxas universitarias e polos “sucesivos” recortes, “o maior ataque á universidade pública que se coñece ata entón, estando ás portas da privatización do sistema educativo”, declararon dende IESGA.
25/04/2012