Nas políticas de cohesión da Unión Europea, a cooperación transfronteiriza segue a ser unha das súas prioridades, o que a converte nunha liña estratéxica de atracción de recursos “a ter en conta” polos axentes políticos e sociais de Galicia e do Norte de Portugal. Dada a relevancia desta colaboración entre territorios, a Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo, co apoio do Concello de Cambados, organizan o III Seminario Internacional sobre Cooperación Territorial, no que os principais expertos da materia analizarán, entre o 13 e o 14 de abril, as relacións transfronteirizas da península.
11/04/2012