A rutina, a globalización, a multitude, a idea de comunidade, o anonimato, o deambular… son algunhas das reflexións que 14 alumnos e alumnas da Facultade de Belas Artes expresan na mostra colectiva Traza Urbana, visiones de un hogar público, aberta ao público na Galería Sargadelos de A Coruña ata o vindeiro 13 de outubro. Trátase dun proxecto multidisciplinar a través do cal os artistas pretenden compartir co espectador múltiples visións dunha cidade cambiante a partir das diferentes percepcións que cada un mantén co espazo urbano. Para esta exposición, os estudantes contaron co apoio da profesora Anne Heyvaert, que se uniu á mostra.
17/09/2012