O partido solidario entre profesores e alumnos organizado pola ONG Unicef en colaboración coa Vicerreitoría do campus contará o sábado cunha importante afluencia de público. O encontro foi presentado oficialmente ante os medios nunha rolda de prensa á que asistiron o vicerreitor, Juan Francisco Gálvez, a presidenta de Unicef en Ourense, Consuelo Nogueira, e a vocal da súa xunta, Nuria Diéguez, ademais do técnico do Servizo de Deportes, Rodrigo Alberte. Nela anunciouse a alta participación da comunidade universitaria neste evento, dado o bo ritmo ao que avanza a venda de entradas, das que xa se mercaron máis de 500. O que os organizadores non quixeron desvelar foi que profesores disputarán o encontro do sábado.
02/04/2008