O Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense arredor dos recursos hídricos financiado pola Xunta de Galicia, celebrou este mércores as conferencias inaugurais do seu Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle este venres pola tarde e sábado a celebración do VIII Congreso Tadega. 15 anos de Comunidade, Tecnoloxía, Diversidade e Inclusión.
A Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, arrancou este curso académico cun novo coordinador, Javier Blanco Sierra, e un novo proxecto expositivo chamado Reciprodicidade.
A Aula de Teatro do campus de Ourense rematou na cidade de Tánxer, en Marrocos, a xira que estivo realizando coa súa obra As cidades agochadas. A peza, indican desde a aula, “foi acollida de xeito excepcional polo público".
Este venres fíxose público o Global Ranking of Academic Subjects (GRAS) 2023. Nel, a Universidade de Vigo sitúase por primeira vez como a universidade número 15 do mundo en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. En total son sete os ámbitos nos que esta institución académica se posiciona a nivel internacional entre as universidades referentes.
Eventos como a pandemia da covid-19 e a guerra de Ucraína teñen posto o foco na vulnerabilidade da rede de subministros ante eventos “imprevistos” e nas súas consecuencias socioeconómicas. Neste contexto, socios de oito países, entre eles a UVigo, veñen de pór en marcha o proxecto europeo SARIL.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá os días 16, 17 e 18 de novembro o 6º Congreso Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial e Educación, que ten por lema Ponte entre escola e sociedade.
Despois do seu paso por Vigo, a exposición Arqueoloxía dixital galega xa se pode visitarse na entrada do Edificio de Ferro do campus de Ourense. Está comisariada por Óscar Penín, investigador do GEAAT.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense celebra os días 20 e 27 de outubro as xornadas Centenario do Seminario de Estudos Galegos (1923-2023). Un longo camiño por percorrer.
A Facultade de Historia do campus de Ourense acolle este xoves e venres a celebración do II Congreso Internacional Antigüidades de Oriente Próximo e Exipto. Viaxeiros, pioneiros e coleccionistas europeos.
50 persoas, membros da comunidade universitaria e de fóra dela, fórmanse este curso académico nas tres aulas de teatro do campus de Ourense, que este mércores arrancaron a súa actividade.
O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2023 arrancará o vindeiro 25 de outubro a súa programación, que se prolongará ata o 15 de novembro. Nesta ocasión centrarase no teatro e a dramatización na formación da identidade lectora.
Entre as liñas de investigación do Grupo Environmental Physics Laboratory (EPhysLab-Centro de Investigación Mariña) da Universidade de Vigo está o impacto do cambio climático nos patróns de circulación atmosférica.
Un equipo internacional multidisciplinar liderado por Eduardo Méndez Quintas (Universidade de Vigo) e Margherita Mussi (Universidade La Sapienza de Roma) acaba de presentar os restos máis antigos coñecidos ata o momento da especie Homo erectus: o fragmento mandibular dun individuo infantil, ao que denominan Garba.
Esta semana ten lugar no mosteiro de Santo Estevo (Ourense) a Escola Internacional de Investigación Max Planck sobre Astronomía de Ondas Gravitacionais, organizada polo Instituto Max Planck de Gravitación (Instituto Albert Einstein).