Con 18 votos a favor, fronte aos 17 que acadou a súa opoñente e ata agora decana, Inés Iglesias, o profesor de Dereito Internacional Privado, Miguel Ángel Michinel, convértese no novo decano da Facultade de Dereito. Na xornada electoral que se desenvolveu hoxe, ambos candidatos defenderon os seus proxectos para o centro na Xunta de Facultade, tralo que se deu paso á votación, que rematou cun só voto de diferencia entre ambos. Michinel estará acompañado durante os próximos tres anos de mandato por Roberto Bustillo e Mónica Siota como vicedecanos e Dolores Fernández como secretaria.
15/09/2009