A Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, arrancou este curso académico cun novo coordinador, Javier Blanco Sierra, e un novo proxecto expositivo chamado Reciprodicidade.
A Aula de Teatro do campus de Ourense rematou na cidade de Tánxer, en Marrocos, a xira que estivo realizando coa súa obra As cidades agochadas. A peza, indican desde a aula, “foi acollida de xeito excepcional polo público".
Este venres fíxose público o Global Ranking of Academic Subjects (GRAS) 2023. Nel, a Universidade de Vigo sitúase por primeira vez como a universidade número 15 do mundo en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. En total son sete os ámbitos nos que esta institución académica se posiciona a nivel internacional entre as universidades referentes.
Eventos como a pandemia da covid-19 e a guerra de Ucraína teñen posto o foco na vulnerabilidade da rede de subministros ante eventos “imprevistos” e nas súas consecuencias socioeconómicas. Neste contexto, socios de oito países, entre eles a UVigo, veñen de pór en marcha o proxecto europeo SARIL.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá os días 16, 17 e 18 de novembro o 6º Congreso Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial e Educación, que ten por lema Ponte entre escola e sociedade.
Despois do seu paso por Vigo, a exposición Arqueoloxía dixital galega xa se pode visitarse na entrada do Edificio de Ferro do campus de Ourense. Está comisariada por Óscar Penín, investigador do GEAAT.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense celebra os días 20 e 27 de outubro as xornadas Centenario do Seminario de Estudos Galegos (1923-2023). Un longo camiño por percorrer.
A Facultade de Historia do campus de Ourense acolle este xoves e venres a celebración do II Congreso Internacional Antigüidades de Oriente Próximo e Exipto. Viaxeiros, pioneiros e coleccionistas europeos.
50 persoas, membros da comunidade universitaria e de fóra dela, fórmanse este curso académico nas tres aulas de teatro do campus de Ourense, que este mércores arrancaron a súa actividade.
O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2023 arrancará o vindeiro 25 de outubro a súa programación, que se prolongará ata o 15 de novembro. Nesta ocasión centrarase no teatro e a dramatización na formación da identidade lectora.
Entre as liñas de investigación do Grupo Environmental Physics Laboratory (EPhysLab-Centro de Investigación Mariña) da Universidade de Vigo está o impacto do cambio climático nos patróns de circulación atmosférica.
Un equipo internacional multidisciplinar liderado por Eduardo Méndez Quintas (Universidade de Vigo) e Margherita Mussi (Universidade La Sapienza de Roma) acaba de presentar os restos máis antigos coñecidos ata o momento da especie Homo erectus: o fragmento mandibular dun individuo infantil, ao que denominan Garba.
Esta semana ten lugar no mosteiro de Santo Estevo (Ourense) a Escola Internacional de Investigación Max Planck sobre Astronomía de Ondas Gravitacionais, organizada polo Instituto Max Planck de Gravitación (Instituto Albert Einstein).
Os membros do proxecto europeo KA2 Global Citizenship and Diversity Management Skills in Higher Education (Globdives), entre eles a Universidade de Vigo, reúnense esta semana no campus de Ourense para facer balance dos seus avances.
Baixo o título Aprendendo a ler o que como, arranca na Facultade de Ciencias do campus de Ourense un proxecto que, con financiamento estatal, ensinará a alumnado de Educación Primaria e Secundaria a comprender a información nutricional.