O campus de Vigo será mañá 9 de abril o escenario da décimo primeira edición do Campionato Galego Universitario de Orientación. Sobre un percorrido de 4,9 quilómetros en categoría masculina e de 3,5 en feminina, os deportistas, 110 das tres universidades galegas, terán que pasar, coa axuda dun plano topográfico, por diferentes controis durante o circuíto antes de cruzar a meta. A xornada comezará ás 9.30 h, coa entrega de dorsais, para iniciar a carreira ás 12.30 horas. Dende entón, e cada dous minutos alternando homes e mulleres para evitar que haxa seguimentos, tomarán a saída todos os participantes.
08/04/2011