Dentro do afán habitual da Universidade por impulsar iniciativas que permitan conciliar a vida laboral e familiar, vén de abrirse a convocatoria para a participación no Campus Camp 2010 de Pontevedra. Este programa, organizado pola Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes, ofrece unha serie de actividades lúdicas para nenos e nenas, co obxectivo de facilitarlles aos traballadores e ao alumnado o coidado dos fillos durante os períodos vacacionais. Ao mesmo tempo, busca achegar o campus aos nenos e nenas con propostas que abranguen desde tenis e rugby, ata cinema, informática, teatro ou música, unha boa maneira de darlles a coñecer a Universidade e o ámbito de traballo dos seus pais.
16/03/2010