Dada a proximidade do período de exames, as bibliotecas universitarias amplían o seu horario ata o vindeiro 17 de xaneiro para facilitar ao alumnado a preparación e a organización do estudo.
“Hoxe en día a maioría das cidades españolas contan cun sistema de bicicletas públicas e Vigo non podía ser menos”. Así iniciaron un equipo de oito alumnos e alumnas da Escola de Enxeñería Industrial e da Facultade de CC Xurídicas e do Traballo a presentación dun traballo no que formulan a posta en marcha dunha rede de bicicletas eléctricas de uso público na cidade de Vigo.
O I Premio de Investigación e Divulgación Masonería Aberta, convocado polo Instituto de Estudos Masónicos de Galicia coa colaboración da Facultade de Historia do campus de Ourense xa ten gañador. É o traballo do historiador Ángel Arcay O Parque do Pasatempo de Betanzos. Narrativas para comprender un patrimonio profano.
Alumnado das tres primeiras promocións e estudantes que este curso están matriculados no Máster en Enxeñaría Industrial participaron na primeira edición do MEI Day: Enxeñaría Industrial X.0, celebrado nas últimas horas na Escola de Enxeñería Industrial.
Despois de tres aos ao fronte da Facultade de Ciencias do campus de Ourense, o profesor Gil Garrote é o único candidato que se presenta ás eleccións a decano ou decana deste centro. Rematado o seu primeiro mandato, Gil Garrote aspira a renovar o cargo.
A arte de acción é unha disciplina creativa “minoritaria e periférica” e, como tal, avanzar na reflexión teórica neste campo convértese nun reto para as e os especialistas. Para poder facelo, hai tres anos naceu no seo da Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra o Congreso Fugas e Interferencias.
Cunha mensaxe gravada do ministro de Ciencia, Innovación y Universidades, Pedro Duque, comezou pasadas as 9.30 horas New Space España, o evento que durante toda a xornada deste xoves reúne en Vigo a preto de 200 persoas relacionadas co sector do new space.
Para moita xente, explica Xabier Pontevedra, profesor do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela, as turbeiras son “un ecosistema exótico” pero non debería selo xa que “temos a sorte de que Galicia ten a maior concentración e diversidade de turbeiras de toda a Península Ibérica”.
A Universidade de Vigo sitúase entre as 400 mellores do mundo en Ciencias da Educación e entre as primeiras 500 en Ciencias da Vida, Enxeñaría e tecnoloxía, Ciencias da Computación e Arte e Humanidades. Así se establece na última actualización do 2019 Times Higher Education Subject Rankings.
“A violencia contra as mulleres é un fenómeno xeneralizado e vai a ter impacto na súa vida. Trátase dunha violencia interiorizada na sociedade e polas propias nenas e mulleres que en moitos casos fronte a agresión senten culpa e vergoña. Unha violencia arroupada pola impunidade”. Estas son algunhas das conclusións presentadas este xoves no Concello de Pontevedra do estudo Campaña #primacoso.
Vigo acollerá o vindeiro mércores, 5 de decembro, un encontro europeo sobre fotónica, orientado ás empresas galegas co fin de dar a coñecer, con casos prácticos, os usos desta tecnoloxía nos procesos industriais.
A experiencia que outorgan 20 anos impartindo a materia de Contaminación Mariña na Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, serviulle ao catedrático de Ecoloxía Ricardo Beiras para decatarse da necesidade dun texto actualizado, acorde co estudo que hoxe en día se fai da contaminación mariña.
La Entrega é un reality show policial e de investigación, obra dunha vintena de estudantes de 4º curso do Grao en Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, que hoxe presentaron este proxecto audiovisual, que forma parte dunha materia da titulación que están a cursar.
Menores e xihadismo. Este foi o título da conferencia que este mércores ofreceu na Facultade de Dereito do campus de Ourense José Luis Castro de Antonio, maxistrado xuíz titular do Xulgado Central de Menores e Central de Vixilancia Penitenciaria da Audiencia Nacional.