As clases presenciais non se retomarán nas universidades galegas neste curso 2019-2020. Así o acordaron este luns a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), Eduardo López, e os reitores, Manuel Reigosa (UVigo), Antonio López (USC) e Julio Abalde (UDC). Nunha xuntanza mantida esta mañá por videoconferencia acordouse, tal e como solicitaron os tres reitores, manter o calendario académico pero sen retomar as clases presenciais no que resta de ano académico.
06/04/2020