Dende este sábado 27 de marzo e ata o domingo 4 de abril, a Universidade de Vigo suspende, como vén sendo habitual, a súa actividade académica por mor da celebración da Semana Santa. Pero ademais, nesta ocasión, e tal e como se recolle nunha instrución de Xerencia, tamén os centros, todas dependencias e instalacións da Universidade de Vigo permanecerán pechados entre os días 29 ao 31 de marzo, ambos incluídos.
26/03/2021