A Casa da Cultura do Concello do Carballiño acolleu este venres a celebración do V Seminario de Intercambio de Experiencias en Investigación da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense. Nesta cita, case medio centenar de investigadoras e investigadores do programa de doutoramento deste centro expuxeron as liñas de investigación sobre as que están traballando na actualidade. O obxectivo da iniciativa é darlle pulo a estes traballos, futuras teses de doutoramento, a través da motivación e do intercambio de coñecementos que se produce entre as e os asistentes.
18/05/2018