Mobilidade de estudantes, PDI e PAS; prácticas en empresas; proxectos de cooperación educativa, pero tamén nos ámbitos do desenvolvemento, a cooperación, a igualdade de xénero e responsabilidade social. Estes son algúns dos eidos nos que a Universidade de Vigo podería establecer, segundo a directora da Área de Internacionalización, Laura Movilla, colaboracións coas sete universidades colombianas do departamento de Caldas.
13/09/2018