Un curso académico máis a Facultade de Dereito volverá a acoller a celebración do seu Curso de Actualización Xurídica. A iniciativa, que cumpre a súa cuarta edición, contará con oito conferencias
A emigración galega a Arxentina protagoniza un destacado capítulo na historia dos últimos séculos de Galicia. Ela foi a protagonista este mércores na Facultade de Historia dunha conferencia ofrecida por Ruy Farías.
Co obxectivo de facer máis visible este traballo para o público e de contribuír á divulgación e aprendizaxe no seu eido de especialización, o equipo Ephyslab vén de dotarse dun xerador de ondas a pequena escala.
Co obxectivo de contribuír a esa relectura da historia desde unha perspectiva de xénero, a Facultade de Historia do campus de Ourense acolleu este luns a celebración da IV Xornada Olladas á antigüidade: maternidade e infancia.
O Centro Obra Social Abanca de Santiago de Compostela acolle este luns e martes a celebración do foro Diálogo sobre o Futuro do Envellecemento. No marco da súa programación, o Foro Económico de Galicia foi o encargado de organizar a mesa de traballo O diálogo social do futuro.
O vindeiro 27 de outubro celebrarase de xeito virtual a terceira edición das xornadas de Control de xestión desde unha perspectiva de xénero, co-organizadas pola Universidade de Vigo e AICOGestión.
A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da UVigo iniciou este xoves pola tarde a programación deste curso académico do seu ciclo de conferencias divultagivas Foro Aero. Foi cunha conferencia de Jorge Potti.
Os primeiros Borbóns. Poder e dinámica política. Este é o título dunhas xornadas que este xoves e venres se celebran na Facultade de Historia do campus de Ourense.
O ciclo de charlas divulgativas Conversas, do programa de mentorización Meta, da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, arranca a súa programación deste curso académico.
Este mércores o campus de Ourense acolleu, tal e como aconteceu o pasado 6 de outubro no campus de Vigo, o acto de benvida ás e aos beneficiarios das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que impulsa a Xunta de Galicia.
A Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo arrancou este martes a súa programación de actividades deste curso académico cunha conferencia titulada Aceites Abril: a organización dunha empresa familiar.
Conflito xeracional. Falla de motivación na xente nova. Soidade nas persoas maiores. Prexuízos sociais... Estes son algúns dos temas protagonistas da curta que esta semana grava na localidade ourensá de Celanova alumnado do Grao en Comunicación Audiovisual.
As rutas culturais da Universidade de Vigo arrancaron estes sábado a súa programación do curso 2021/2022 cunha andaina polos muíños do río Loña, no Concello de Pereiro de Aguiar.
Desde o pasado 4 de outubro, o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo está a desenvolver a súa segunda intervención arqueolóxica na illa de Ons.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas, pon en marcha a Olimpíada Informática Galega 2022 (OIG 2022).