Fabricación aditiva, big data, computación na nube, internet das cousas, robots autónomos e colaborativos, xemelgos dixitais... estas son algunhas das tecnoloxías habilitantes que están a xurdir da industria 4.0, a cuarta revolución industrial. Co obxectivo de ofrecer unha visión de conxunto do seu avance no sector aeroespacial que poida “servir de referencia e inspiración”, preséntase o libro Aerospace and Digitalization. A Transformation Through Key Industry 4.0 Technologies, asinado por Diego Carou, profesor da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense.
26/04/2021