La Educación es Política. Con este título, que o propio autor recoñece como “provocador”, preséntase o último libro de Jaume Carbonell Sebarroja, pedagogo, xornalista e sociólogo referente en España no eido da renovación pedagóxica desde a dirección da revista Cuadernos de Pedagogía. Carbonell achegouse este luns ao campus de Ourense para presentar unha obra na que aborda, desde a teoría ata os exemplos de caso, como a actualidade política se coa nas escolas.
04/02/2019