A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense súmase á celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, coa posta en marcha dun concurso fotográfico. A súa temática, indican desde o centro, é A muller de hoxe.
A Escola Infantil Concepción Saiz Otero do campus de Ourense ten aberto o prazo para solicitar unha das súas 41 prazas para o curso 2024/2025. O centro forma parte do programa de gratuidade no primeiro ciclo de educación infantil da Xunta de Galicia.
Este martes presentouse no Concello de Vilagarcía de Arousa o libro María e a roda que non para. Trátase dunha publicación do Grupo de Innovación Docente en EduAcción Patrimonial da UVigo (GIDEP).
A Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense participa desde o pasado 15 de febreiro e ata o 15 de marzo na XX edición da Olimpíada Solidaria de Estudo, organizada por Coopera ONG.
A Universidade de Vigo súmase á conmemoración este mes do Día Mundial da Xustiza Social, o 20 de febreiro, coa celebración dun programa de actividades divulgativas que inclúe unha conferencia, un obradoiro e sobre todo a publicación dun minidicionario sobre esta temática.
Con motivo da celebración o 12 de abril do Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados e o Día da Cosmonáutica, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense convoca a segunda edición do seu concurso de fotografía AeroVision 2024.
Baixo o título El placer de las mujeres importa, este mércores presentouse no campus de Ourense un corto de animación que ten como obxectivo reivindicar e visibilizar a sexualidade feminina e de xeito especial o clítoris.
Gobernar reformando. Los primeros Borbones en la España del siglo XVIII. Con este título preséntase unha publicación editada polas catedráticas de Historia Moderna María López, da Universidade de Vigo, e María del Carmen Saavedra, da Universidade de Santiago de Compostela.
Investigadores do campus de Ourense, ligados á Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, realizaron un estudo de viabilidade dunha misión ao planeta Marte usando propulsión solar eléctrica, en contraposición coa propulsión química, que é o método empregado tradicionalmente no espazo.
O campus de Ourense celebra este venres unha nova edición, a sétima, da feira científica e divulgativa eXXperimenta en Feminino. Nela, conflúe un amplo colectivo de máis de medio centenar de investigadoras e investigadores da UVigo de diferentes disciplinas e máis de 300 escolares e familias.
A publicación Notes for manufacturing instructors. From class to workshop, editada polos profesores Diego Carou (Universidade de Vigo) e J. Paulo Davim (Universidade de Aveiro-Portugal) recolle exemplos prácticos de aplicación de enxeñaría de fabricación.
A Universidade de Vigo ten aberta xa unha nova convocatoria, a correspondente a 2024, das axudas a grupos de investigación do campus de Ourense Inou-Campus Auga.
O VIII Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia xa ten gañadoras e gañadores: 12 rapazas e rapaces de cinco centros educativos da provincia.
O Diario Oficial de Galicia publicou este xoves a resolución da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia pola que se acredita o Campus Auga como campus de especialización do Sistema Universitario de Galicia.
Membros do grupo de investigación da Universidade de Vigo EphysLab (Environmental Physics Laboratory-CIM) acaban de publicar un estudo na revista Nature Water no que “se demostra, por primeira vez, o papel predominante do déficit de transporte de humidade na xénese das secas”.