Unha cidade “é un ente material, que ten as súas propias rúas e infraestruturas”, pero tamén está formada “por imaxes, asociacións, historias e experiencias”, destaca a investigadora do Post-Growth Innovation Lab Sofía Greaves, coeditora, xunto a Andrew Wallace-Hadrill da Universidade de Cambridge, dun libro que revisa esa “interacción” entre a idea de cidade a súa forma material pondo o foco nas urbes construídas na antigüidade polo Imperio Romano.
25/01/2023