O Auditorio Municipal de Ourense acolle desde este xoves pola tarde e ata o sábado a celebración do IV Congreso internacional sobre prevención, tratamento e control do consumo de cannabis. Na cita están inscritas 210 persoas para a modalidade presencial e 115 para a virtual.
A Facultade de Historia do campus de Ourense acolle este xoves e venres a celebración (presencial e virtual a través do Campus Remoto da UVigo) do seminario Vulnerabilidade e relacións maternofiliais no mundo antigo.
A miña menstruación. Rompendo tabús. Este é o título dunha nova publicación realizada polas investigadoras e profesoras da Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social do campus de Ourense Yolanda García, Rosana Martínez e María Lameiras.
Arredor de 200 persoas, membros da comunidade universitaria e persoas alleas a ela, sumáronse este sábado á celebración dos 25 anos das rutas culturais da Universidade de Vigo. Foi cunha andaina desde o campus de Ourense e ata o castro de Santomé.
Xunto ás aulas de teatro e danza, a de música tradicional galega é unha das máis consolidadas no campus de Ourense. Este cuadrimestre, a aula esgotou de novo as súas 13 prazas dispoñibles.
Convócase o VIII Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia O Auditorio Municipal de Ourense acollerá do 23 ao 25 de novembro a celebración do IV Congreso Internacional sobre prevención, tratamento e control do consumo de cannabis.
Do 29 de novembro ao 1 de decembro, a Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá o I Congreso Internacional de Transición á Vida Adulta da Xuventude do Sistema de Protección.
A provincia de Ourense acollerá do 23 ao 25 de novembro a celebración do 23 Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo. Na organización da cita participan as tres universidades públicas galegas e do Norte de Portugal.
Desde decembro de 2022 e ata decembro de 2024, persoal investigador dos grupos da Universidade de Vigo Environmental Physics Laboratory (EPhysLab) e Post-Growth Innovation Lab desenvolven o proxecto estatal Limitacións e perigos da inxección de aerosois de sulfato: o caso de España (Odeón).
Uxía García é egresada da primeira promoción (2016/2020) da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense. Ela é tamén a autora da primeira tese de doutoramento na área de Enxeñaría Aeroespacial da Universidade de Vigo.
O Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense arredor dos recursos hídricos financiado pola Xunta de Galicia, celebrou este mércores as conferencias inaugurais do seu Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle este venres pola tarde e sábado a celebración do VIII Congreso Tadega. 15 anos de Comunidade, Tecnoloxía, Diversidade e Inclusión.
O vindeiro 18 de novembro a Universidade de Vigo celebrará os 25 anos das súas rutas culturais. Farao cunha andaina similar á que en 1999 arrancou a programación desta iniciativa, xurdida para fomentar o coñecemento da contorna.
A Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, arrancou este curso académico cun novo coordinador, Javier Blanco Sierra, e un novo proxecto expositivo chamado Reciprodicidade.
A Aula de Teatro do campus de Ourense rematou na cidade de Tánxer, en Marrocos, a xira que estivo realizando coa súa obra As cidades agochadas. A peza, indican desde a aula, “foi acollida de xeito excepcional polo público".