Aínda que o Día de Rosalía foi oficialmente este domingo, coincidindo co aniversario do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro, o campus de Ourense uniuse este luns á celebración desta data. E fíxoo cunha ampla programación na que houbo unha mascarada, recitais, interpretacións musicadas, lectura de manifesto e ata caldo.
25/02/2019