Tras a súa toma de posesión como novo xeneral xefe da Brigada Galicia VII-Brilat, Alfonso Pardo de Santayana Galbis mantivo este xoves unha reunión coa vicerreitora do campus de Pontevedra, Eva María Lantarón. O propósito desta xuntanza, explicaron, era manter unha primeira toma de contacto co obxectivo de potenciar a colaboración entre a Universidade de Vigo e a Brilat
23/02/2023