O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, despregaron este mércores boa sintonía na que foi a primeira visita oficial do novo responsable do organismo provincial ao campus vigués.
Xa está aberto o prazo para presentarse a unha nova edición das axudas Incuvi ao Emprendemento da Universidade de Vigo: 12 axudas Incuvi Emprende; catro axudas Incuvi Avanza e unha axuda Incuvi Consolida.
O 74% das persoas graduadas na Universidade de Vigo no curso 2019/20 está traballando e a inmensa maioría faino en Galicia, na empresa privada, a tempo completo e con estabilidade laboral. Así se determina no último informe publicado polo Observatorio de Persoas Tituladas.
A Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade recibiu a visita dunha delegación da Universidade de Zagreb (Croacia) interesada en coñecer o funcionamento da Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade da Universidade de Vigo.
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo e a empresa Qualcomm Technologies, Inc. anunciaron este luns a posta en marcha dun acordo de colaboración que lle facilitará o acceso ao alumnado do centro a cursos de formación e certificación en 5G.
O vicerreitor de Planificación e Sostibilidade e a responsable da Oficina de Medio Ambiente mantiveron recentemente unha reunión coa vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia na que estudaron a elaboración dun plan de refuxios climáticos en Galicia.
O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, José Luis Míguez Tabarés, mantiveron este xoves unha xuntanza de traballo co alcalde de Vigo, Abel Caballero, na sede da Alcaldía.
Ao longo deste curso académico as actividades de divulgación científica da Universidade de Vigo espallaranse polos tres campus para implicar á cidadanía no traballo dos grupos de investigación da institución e visibilizar como as distintas liñas científicas tratan de responder ás necesidades da sociedade.
O Máster en Enxeñaría Industrial, titulación que habilita para o exercicio da profesión de enxeñeira e enxeñeiro industrial, acaba de renovar o prestixioso selo internacional ABET concedido pola Accreditation Board for Engineering and Technology, organización estadounidense sen ánimo de lucro.
O terceiro informe do Observatorio Stop Machitroles constata que a contorna virtual non é segura para as mulleres e as nenas e amosa que os ataques en liña contra elas son cada vez máis visibles e coordinados, máis sofisticados, daniños e perigosos.
A Universidade de Vigo está a participar esta semana en Brasil nunha nova edición da feira Estudar en España co obxectivo de presentar ao alumnado deste país as súas titulacións e atraer estudantes internacionais, ao tempo que se traballa para reforzar a colaboración e a presenza da UVigo neste país.
Ecobas, o centro de investigación interuniversitario en ciencias sociais, celebrou este mércores a súa reunión anual coa participación de persoal investigador das tres universidades públicas galegas, investigadoras e investigadores unidos nun proxecto común “moi positivo para o país”.
A Xunta de Galicia destinará, por primeira este ano, 360.000 euros á colaboración coas tres universidades públicas galegas para o fomento da cultura emprendedora entre o alumnado universitario. Así o anunciou este martes a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, na Universidade de Vigo.
A través do convenio, a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo e a Fundación Laxeiro inician unha liña de colaboración dirixida a mostrar o traballo de investigación e creación das novas xeracións formadas no centro do campus pontevedrés.
Dende este luns a Universidade de Vigo conta xa cun Punto Lila Virtual, un espazo web para recoller consultas e queixas de acoso sexual ou de acoso por razón de sexo que poidan suceder en calquera espazo da contorna universitaria.