Os contratos sociais a través de House of Cards, a ollada á historia que supoñen Vikingos ou El Ministerio del Tiempo, as violencias representadas en Sons of Anarchy ou The Walking Dead... As series de televisión constitúen o eixo central do curso Cartografías de ficción televisiva, que, no marco do programa de obradoiros de Extensión Universitaria promovido pola Vicerreitoría do campus para este segundo cuadrimestre propón nestas semanas un achegamento sistemático á ficción televisiva.
02/05/2018