O alumnado de bacharelato ten unha “concepción estereotipada” das enxeñarías e tecnoloxías, que asocian maioritariamente á industria, pero que, en moitos casos, “non se relacionan coa atención ás necesidades humanas nin sociais”. Este é unha das conclusións do estudo que investigadoras e investigadores da Facultade de Ciencias de Educación e do Deporte levaron a cabo ao abeiro da Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo.
25/02/2022