Cada venres desde o 23 de febreiro ao 3 de maio, o campus de Ourense acollerá a celebración dunha nova edición do curso do Módulo Jean Monnet sobre o Pacto Verde Europeo. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer e fomentar o debate sobre a política e o dereito ambiental da Unión Europea.
Dirixida a que tanto a comunidade universitaria como calquera persoa interesada poida iniciarse nas diferentes fases do proceso de creación dunha obra, a Aula de Teatro do Campus de Pontevedra traballa na montaxe que presentarán na Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu).
441 estudantes de 20 centros de ensino secundario de toda Galicia participarán os vindeiros 25, 26 e 27 de abril nas II Olimpíadas Teleco. Así o anunciou este xoves a directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Rebeca Díaz, na presentación en Vigo da 2º edición das probas.
O venres 2 de febreiro pola tarde o Campus Remoto da Universidade de Vigo acollerá a celebración dunha nova edición de Expouniversitas. Forum de Innovación e Investigación Educativa.
O incerto señor Don Hamlet de Cunqueiro e elementos procedentes tanto da obra orixinal de Shakespeare como do relato A Cartomante, do brasileiro Machado de Assis, combínanse coas dinámicas dun videoxogo nunha proposta de teatro interactivo que ten como directores artísticos a integrantes do grupo ComTecArt.
A noción de gráfica contemporánea expándese hoxe moito máis aló da posibilidade de xerar unha obra con varias copias, englobando un conxunto de procesos e posibilidades respecto das que 13 artistas propoñen unha reflexión, en forma precisamente de obra gráfica, na última publicación do grupo de investigación dx5 da Facultade de Belas Artes
Esta semana botou a andar en Polonia un proxecto europeo de innovación educativa que ten como finalidade potenciar e fomentar a organización de actividades académicas fóra das aulas e dos laboratorios.
A Vicerreitoría do campus de Ourense presentou este venres o novo catálogo da Sala Alterarte, que recolle as mostras do ciclo expositivo Activar a mirada, des-ordenar o pensamento que se desenvolveu neste espazo expositivo nos cursos 2021/2022 e 2022/2023 baixo a coordinación de Sara Donoso.
Creada en 2019, a Unidade de Convivencia e Resolución Positiva e Resolución Positiva de Conflitos (ConviveUVigo) promove cada ano un acto conmemorativo do Día Europeo da Mediación, dirixido a afondar nos múltiples aspectos que inciden neste proceso de resolución de conflitos a través do acordo entre as persoas implicadas.
Integrantes da ONG Project Net, que coordina en diferentes cidades de Letonia un proxecto de universidade sénior, participaron este xoves na Facultade de Comunicación nunha sesión formativa sobre creación de podcasts, inserida nas actividades dun proxecto Erasmus+ co que buscan pór en marcha unha "radio sénior".
Desde este xoves e ata 1 de marzo pode visitarse na Sala Alterarte, situada no pavillón Concepción Pérez Amat do campus de Ourense, a mostra Tótems, con obra do colectivo Nova Escultura Galega.
18 canles optan a facerse cos Premios Youtubeiras 2023 nalgunha das súas oito categorías: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público.
Este xoves, 18 de xaneiro, ás 20.00 h o grupo teatral do Programa Universitario de Maiores de Ourense, chamado Teatro Entrebambalinas, estreará no Teatro Principal da cidade a súa nova produción, a obra Que viva o duque!
“Durante moito tempo oculta e invisibilizada”, como sinala o profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Iván Martínez, a violencia, física, psicolóxica ou sexual que infancia e adolescencia pode padecer en contextos deportivos e de ocio centrou un dos proxectos de innovación educativa desenvolvidos neste centro.
Socios de seis países participan esta semana en Vigo na reunión de lanzamento do proxecto europeo Up2You, un traballo dirixido a fomentar a cooperación entre as universidades, a administración pública, as empresas e a sociedade na promoción do desenvolvemento sostible e inclusivo.