Especialistas procedentes de toda España participan estes días no curso Innovación e sustentabilidade no sector acuícola: boas prácticas, novas tecnoloxías e eco-eficiencia que se está a celebrar na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (Ecimat). A actividade, enfocada a mellorar a calidade do emprego dos participantes, está coorganizada pola Universidade de Vigo, o Campus do Mar e Ariema Energía y Medioambiente SL.
24/10/2018