Un dos obxectivos do plan anual de actividades Ciencia de Ida e Volta elaborado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo e con financiamento da FECYT, é potenciar as capacidades do persoal investigador para comunicar o seu traballo e trasladar á sociedade os avances científicos.
Investigadores do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) da Universidade de Vigo e da Escola Politécnica Federal (ETH) de Zurich desenvolveron un método estatístico que permite detectar que liñaxes celulares evolucionan máis rápido.
O 74% das persoas graduadas na Universidade de Vigo no curso 2019/20 está traballando e a inmensa maioría faino en Galicia, na empresa privada, a tempo completo e con estabilidade laboral. Así se determina no último informe publicado polo Observatorio de Persoas Tituladas.
A Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade recibiu a visita dunha delegación da Universidade de Zagreb (Croacia) interesada en coñecer o funcionamento da Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade da Universidade de Vigo.
Continúa a colleita de premios para o proxecto europeo rurAllure. Se hai apenas uns días recibía na cidade chipriota de Paphos o premio Destination of Sustainable Cultural Tourism 2023 na décima edición dos ECTN Awards, esta fin de semana fíxose co Premio Skål Europe de Turismo Sostible.
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo e a empresa Qualcomm Technologies, Inc. anunciaron este luns a posta en marcha dun acordo de colaboración que lle facilitará o acceso ao alumnado do centro a cursos de formación e certificación en 5G.
A Universidade de Vigo e a ONCE acaban de asinar un acordo de colaboración para o desenvolvemento do proxecto de investigación Alteración da membrana mitocondrial en cegueiras asociadas a ciliopatías. Determinación de novas dianas, liderado pola catedrática Diana Valverde, subdirectora do CINBIO
O vicerreitor de Planificación e Sostibilidade e a responsable da Oficina de Medio Ambiente mantiveron recentemente unha reunión coa vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia na que estudaron a elaboración dun plan de refuxios climáticos en Galicia.
Este venres a Zona Franca de Vigo acolleu a presentación do Informe de Conxuntura Socioeconómica III/2023 do Foro Económico de Galicia, foro coordinado polo grupo Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo.
Elena Ojea, investigadora do Centro de Investigación Mariña (CIM) e líder do grupo Future Oceans Lab da Universidade de Vigo acaba de ser galardoada co Premio Fundación Banco Sabadell á Sostibilidade Mariña 2023.
O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, José Luis Míguez Tabarés, mantiveron este xoves unha xuntanza de traballo co alcalde de Vigo, Abel Caballero, na sede da Alcaldía.
Ao longo deste curso académico as actividades de divulgación científica da Universidade de Vigo espallaranse polos tres campus para implicar á cidadanía no traballo dos grupos de investigación da institución e visibilizar como as distintas liñas científicas tratan de responder ás necesidades da sociedade.
O proxecto europeo rurAllure, liderado pola Universidade de Vigo, gañou o premio Destination of Sustainable Cultural Tourism 2023 na décima edición dos ECTN Awards, celebrada este mes na cidade chipriota de Paphos.
O Máster en Enxeñaría Industrial, titulación que habilita para o exercicio da profesión de enxeñeira e enxeñeiro industrial, acaba de renovar o prestixioso selo internacional ABET concedido pola Accreditation Board for Engineering and Technology, organización estadounidense sen ánimo de lucro.
O persoal investigador do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) volverá á rúa para achegar a investigación mariña que se desenvolve nos seus laboratorios a toda a cidadanía. E farao dun xeito lúdico e apto para todas as idades os vindeiros 17 e 18 de novembro a través das súas Xornadas de Portas Abertas.