Referente no ámbito da Biotecnoloxía Alimentaria e Ambiental, Lorenzo Pastrana é o director da Área de Programas de Transferencia, cargo ao que chegou tras liderar en Ourense a posta en marcha do Centro de Investigación, Transferencia e Innovación, CITI.
Ao longo desta entrevista para o Duvi, Pastrana fai balance da xeración de I+D na Universidade de Vigo ao longo do 2009 e subliña as perspectivas básicas acerca da política universitaria de investigación para 2010. O reagrupamento de grupos, a posta en marcha do CINBIO e o MTI, a consolidación do CITI e, por suposto, o proxecto estrela do Campus do Mar, marcarán os principais obxectivos da área que dirixe para 2010.
20/01/2010