Paula Muíños, Bibiana Montenegro, Leticia Pereira, Ana Torres, Raquel Rojo e Marta de Santos son seis alumnas da Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas que representan a España no Programa Universitario Erasmus de AFECA (Association of the European Formations for Accounting and the Audit), o que para elas supón unha gran responsabilidade posto que a viguesa é a única institución académica española que participa neste programa, coordinado pola Université de Bretagne-Sud.
En total, 98 estudantes de Europa e Estados Unidos traballan en equipo durante dez días para solucionar casos aplicando tanto a norma contable de cada nación coma a internacional, ademais de participar en workshops, conferencias e mesas redondas sobre temas de interese como a Responsabilidade Social Corporativa.
30/09/2010