A Universidade de Vigo recibirá da Xunta de Galicia unha achega de preto de 6 millóns de euros para reforzar o cadro de persoal dedicado á xestión da transferencia e a innovación. O reitor da UVigo, Manuel Reigosa, asinou este martes un acordo de colaboración co conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, que lle permitirá contratar 29 tecnólogos e tecnólogas.
12/12/2023