Definida dende a institución como “moi moderna, moi visible e moi funcional” a nova imaxe corporativa da Universidade de Vigo acadou un premio de Ouro e outro de Prata nos premios Laus, os galardóns que cada ano, e xa van 40, recoñecen as últimas tendencias do sector de deseño gráfico e comunicación visual. Se o ouro foi para a corporativa, a tipografía fíxose cunha prata “dúas medallas que supoñen un grande éxito do equipo de goberno que agora se vai, especialmente de Alberto Gago e Iván Area, que sempre apostaron pola excelencia”, subliñou Fernando Suárez, director da Área de Imaxe, que fixo fincapé en que “os índices de calidade mídense por feitos coma este”.
31/05/2010