Coa finalidade de dar unha resposta social e instutucional ás relacións que manteñen Galicia e o norte de Portugal, a Universidade de Vigo e Caixanova crean unha nova cátedra que estará arroupada por un conxunto de actividades orientadas a incrementar os vínculos que existen na eurorrexión.
Precisamente o Reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, referiuse a eurorrexión como “unha realidade que vai máis alá dos factores institucionais”, e aportou datos relevantes como que o 50% do tránsito de vehículos lixeiros e o 30% do de mercadorías entre España e Portugal, prodúcese na área xeográfica formada por Galicia e o norte de Portugal. Asemade, confirmou Gago, “Galicia é o mellor cliente rexional de Portugal do que importa 2.000 millóns de euros de mercadorías, mentres que o país veciño importa de Galicia un 15% de todas as nosas exportacións”.
27/09/2007