O director de arte e Óscar de la Visitación, licenciado en Belas Artes no País Vasco e titulado en Deseño pola escola Saint Martins de Londres, foi o encargado de clausurar onte o ciclo Os Xoves de Moda. Cunha ampla traxectoria en marcas como Nina Ricci e Moschino e ao carón de fotógrafos como Manuel Outumuro, Daniel Riera ou Tony Bernat, explicoulle aos asistentes a súa visión do traballo en moda a través das súas imaxes máis emblemáticas, cun discurso apto tanto para directores de arte, como deseñadores, estilistas ou creadores en xeral. Sinalou que para el o máis importante é “cultivar a observación, estar atento e tomar referencias de todo aquilo que axude a pensar, desde a arte ao cinema”.
28/05/2010