BNG, PSdG-PSOE e PPdG, a través dos seus deputados, Fernando Blanco, Abel Losada e Pedro Puy, puxeron de manifesto este xoves na mesa redonda organizada pola Vicerreitoría de Relacións Institucionais os seus argumentos a favor e en contra dun proceso de fusión de Caixanova e Caixa Galicia, ao tempo que expresaron as súas diferenzas en relación coa decisión do Goberno central de recorrer a Lei de Caixas aprobada polo Parlamento Galego.
Nun ateigado salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, o presidente do Tribunal de Garantías da Universidade de Vigo, Luis Espada Recarey foi o encargado de moderar o debate no que os deputados do PP e do BNG defenderon unha fusión entre as caixas, mentres Abel Losada, criticou abertamente esta fórmula por ir, dixo, contra a vontade dunha das entidades.
18/02/2010