Se en 2009 preto de mil millóns de persoas se adheriron á Hora do Planeta, a organización deste apagón solidario agardan que nesta nova edición, este sábado 27 de marzo, a cifra aumente. A Universidade de Vigo será unha das novas entidades que se unen á iniciativa de WWF, polo que este sábado os edificios dos tres campus permanecerán a escuras de 20.30 a 21.30 do serán. Empresas, cidadáns particulares, institucións públicas, cidades apagarán as luces contra o cambio climático e en demanda cun crecemento máis sostible. Segundo a organización, este é o evento climático máis grande da historia, xa que na pasada edición se uniron na escuridade 4159 cidades de 88 países.
24/03/2010