O Secretario de Estado de Universidades e Investigación tivo ocasión de coñecer, hai uns días, o campus de Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo. Invitado polo Reitor, Alberto Gago, Miguel Angel Quintanilla, falou, ante unha ampla representación da comunidade universitaria, sobre o proceso de reforma do sistema universitario e da política científica do goberno.
Ano e medio despois da súa toma posesión, o Secretario de Estado de Universidades, analiza nunha entrevista concedida ao DUVI, cuestións básicas para o futuro da universidade como a reforma da LOU, a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior ou a evolución da ciencia e a investigación.
Quintanilla explica, tamén, nas seguintes liñas, a polémica xurdida o pasado verán despois que afirmase que “ser un gorrón ten sido moi rendible na universidade”, e da “grata sorpresa” que lle causou a súa visita ao campus vigués.
25/09/2007