Co obxectivo de ampliar os estudos académicos sobre o humor gráfico galego, o investigador da Universidade de Vigo, Félix Caballero, acaba de rematar o seu traballo final do Máster de Investigación en Comunicación sobre as viñetas dos anos 70 de Xaquín Marín, “un dos humoristas gráficos españois, xa non só galegos, máis importantes das últimas décadas”. Cabellero afonda na visión lúcida e irónica do autor sobre a época da transición española coa publicación dunhas viñetas coñecidas como 'os pés', nas que un gran pé nu esmaga a un grupo de xente.
27/06/2012