Non faltaron os nomeados, nin a incerteza á hora de abrir os sobres, nin a sucesión de agradecementos. Non en van, o que se viviu este xoves en CCSS e da Comunicación foi unha gala de entrega de premios en toda regra, dirixida a recoñecer o traballo que o alumnado desenvolve nas aulas. “Está é a mellor plataforma para presumir de canteira”, resaltou o vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, na gala do festival We Are Ads (WAA), na que se premiaron os mellores proxectos en oito categorías, ás que se sumaron os premios do xurado, que recibiu Galo Álvaro Tibán, e do público, co que se recoñeceu a ventá virtual Ant Work.
05/03/2015