Recoñecidos especialistas procedentes dos campos da docencia universitaria e da investigación tratarán, na EUET Forestal, o tema xeral das funcións ecolóxicas dos bosques, e da utilidade dos mesmos como fornecedores de servizos ecosistémicos a través de conferencias nas que se abordarán as demandas sociais do uso do bosque, aspectos ecolóxicos, económicos e sociais. O obxectivo do evento é debater acerca dos modelos de xestión forestal e do concepto de desenvolvemento sostible, tratando de demostrar que os montes son algo máis que un lugar onde se produce madeira. A entrada para estas conferencias que terán lugar o 8, 9 e 23 de novembro é libre, e nos casos que proceda, serán validables por créditos de libre configuración.
31/10/2007