Ás veces van parar ao lixo obxectos cun incalculable valor histórico. As cintas en VHS “parece que sofren este mal” e sen ningún miramento trátanse como refugallo que só ocupa sitio no último recuncho do faiado. Co propósito de rescatar o VHS dese esquecemento, polo menos no concello de A Guarda, nace o Proxecto Socheo, “un intento de recompilar as imaxes caseiras de cada veciño do pobo para crear un arquivo audiovisual que recupere a memoria histórica máis recente da nosa contorna”, explica a profesora Isabel Martínez, principal motor desta iniciativa con outros profesionais do audiovisual galego. Na súa maioría esas lembranzas estaban gravadas en VHS “ás que ninguén lles dá o valor documental que teñen”, matiza Martínez polo que decidiron “salvalas do lixo”, dixitalizalas, clasificalas e colgalas en Youtube “a disposición de todo o mundo”.
08/11/2012