Moi afastados da política tradicional, lonxe das ideoloxías e pegados ás redes sociais e ás novas tecnoloxías. Os catro partidos que concorren ás eleccións ficticias na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación apuran as últimas horas de campaña antes de que mañá os seus compañeiros elixan nas urnas ao gañador. Os partidos Sobreviventes, Moving, Shake! e República Bananeira tiveron dez días para convencer aos seus votantes, presentar as súas propostas, explicar o seu programa e chegar aos votantes. As estratexias foron diversas, pero se algo teñen en común os catro partidos políticos é, precisamente, o afastamento da política, da política tradicional. A ideoloxía quedou fóra destas eleccións para optar por organizacións desideoloxizdas e mesmo antisistema.
20/03/2013