Os premios á creatividade literaria do alumnado, a música tradicional e os contos marcaron o desenvolvemento do Acto Institucional das Letras Galegas da Universidade de Vigo, celebrado este martes en Ourense. O evento estivo presidido polo vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area e polo director da Área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade, Xosé Henrique Costas e, no seu transcurso, entregáronse os Premios de Relato Curto, Poesía e Tradución Literaria 2010, un certame que chega este ano á súa XIV edición.
25/05/2010